Enrédate vai dirixido a persoas desempregadas da localidade de
Carballo e da comarca a cal pertence,
a Comarca de Bergnatiños.
O concello de Carballo, según os datos publicados polo Instituto Galego das Cualificacións da Xunta de Galicia, presenta unha taxa de paro en maiores de 25 anos no mes de agosto do 2012 dun 90,96% sumando un total de 3.603 desempregados/as. O 52,96% pertence ao colectivo femenino que son os demandantes que máis solicitan na súa oficina de emprego traballar no sector da hostelería.
Na seguinte gráfica reflíctense os datos do paro rexistrado na Comarca de Bergantiños.
Sinalar que o incremento do paro rexistrado dende xullo de 2007 até xullo de 2012 só na localidade de Carballo é de máis dun 81%.
No deseño do proxecto Enrédate tívose en conta o nivel educativo dos traballadores desempregados na nosa comarca; por ese motivo a solicitude de subvención vai encamiñado á formación de persoas con baixa cualificación académica (Nivel 1) que supoñen o 58,95% da poboación carballesa inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia, e no caso da comarca ascende a 59,59%. A maiores previuse unha acción formativa de nivel 2 para dar resposta as persoas desempregadas que posúan a formación académica obligatoria.
Polo tanto, este é un territorio de PRIORIDADE MOI ALTA, pois só o Concello de Carballo conta cunha media de paro no ano 2011 superior aos 2.000 desempregados/as.