Enrédate é un proxecto innovador e de calidade centrado na familia profesional da:
- Hostelería-turismo
- Actividades agrarias
Estos sectores foron elexidos en base os seguintes datos:
O sector servizos representa o 53,88% dos contratos totais, o que significa que segue sendo o sector con maior proxección laboral e o máis demandado polos empresarios. O 77,87% dos contratos rexistrados no sector servizos no mes de agosto na nosa comarca son de persoas maiores de 25 anos.
Certo é que o sector da agricultura é o menos representativo, se ben esta é unha actividade que se caracteriza pola economía sumerxida, pola falta de regularidade laboral e a precariedade. Por iso o se plantexou unificar o sector agrario co servizos mediante o turismo, que é un dos de maior peso en Galicia.
Coa mellora en ambos sectores conseguiremos afianzar postos de traballo, incrementar posibilidades laborais ou desenvolver proxectos de autoemprego baseadas nunha preparación habilitante para o desempeño desta profesión, con prestixio social e rigor profesional, e cunha preparación suficiente non só para executar técnicas e ferramentas propias da profesión senón tamén para intentar sobrevivir nesta época de crise

No hay comentarios:
Publicar un comentario