Enrédate é un proxecto que pretende formentar a inserción laboral de persoas demandantes de emprego, poñendo en marcha un proxecto innovador e de calidade centrado na familia profesional da hostelería-turismo e de actividades agrarias.
Mediante esta medida activa de emprego prentendemos manter a filosofía de aprender traballando mediante unha formación profesional para o emprego acreditable e certificable ao mesmo tempo que prestamos un servizo de utilidade pública e interese social mediante a colaboración directa cun comedor social, cun comedor sobre rodas e cun centro de día para repartir a comida que se elabore nas accións formativas e a colaboración cos invernadeiros e cooperativas de agricultores existentes na zona, ámbito de actuación, para axudar mediante a realización de Prácticas Non Laborais (PNL) ou ben incorporando técnicas de traballo e avances tecnolóxicos que poidan ser do seu interese e que axuden a mellorar a plantación existente e a convertir este mercado en competitivo.
O Concello de Carballo, como promotor e executante do proxecto, e máis concretamente o Centro Municipal de Formación conta cunha ampla experiencia na elaboración e posterior implementación de proxectos encamiñados a mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas mediante formación profesional para o emprego relacionada con ocupacións moi diversas pero sempre intentando reflectir na súa oferta formativa as esixencias e necesidades de cada momento do mercado de traballo, mostra disto son os índices de inserción conseguidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario